Ir o contido principal

A vindeira semana elíxense aos representantes do alumnado no Claustro e nas Xuntas de Centro e a totalidade dos sectores nos Consellos de Departamento

A campaña electoral do proceso iniciado para a elección de representantes de alumnado no Claustro e nas Xuntas de Centro e da totalidade dos sectores nos Consellos de Departamento remata este sábado 19. Logo da xornada de reflexión do domingo 20, as eleccións realizaranse mediante votación electrónica ao longo dos días 21 e 22 de maio de xeito ininterrompido, dende as 9.00 horas do luns ata as 19.00 horas do martes. O novo calendario e toda a información relativa a este proceso electoral poderá consultarse na páxina web www.usc.es/eleccions2012.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.05.2012.