O vindeiro luns 13 non será lectivo na USC por mor do acto académico de inauguración do curso no Sistema Universitario Galego

Ese día os centros non abrirán a excepción daqueles nos que se vaian celebrar exames
Coincidindo coa celebración na Universidade de Santiago do acto académico conxunto de apertura do curso 2010-2011 no Sistema Universitario Galego, o vindeiro luns 13 non será lectivo na USC. Deste xeito, ese día os centros permanecerán pechados excepto aqueles nos que estean programados exames, que abrirán as súas portas exclusivamente para a realización destas probas. O comezo das clases e do período lectivo está fixado para o martes 14 de setembro, data na que botarán a andar as sesións académicas dos graos.