Ir o contido principal

Unha vintena de expertos de empresas internacionais falarán de veterinaria en Lugo

O ciclo de conferencias enmárcase nos actos de celebración do 25 aniversario da Facultade de Veterinaria do campus lucense

Preto de vinte expertos de empresas veterinarias de carácter internacional participarán no ciclo de conferencias ‘Compromiso das empresas coa formación do veterinario’ que se desenvolverá na Facultade de Veterinaria de Lugo, dentro do programa de actividades para celebrar o 25 aniversario do centro.
Este ciclo arranca este xoves 19 de novembro, ás 19:00 horas, cunha presentación a cargo de dúas representantes da empresa ‘Royal Canin’ – a súa delegada veterinaria, Patricia Pazo, e a coordinadora de comunicación, Elena Fernández-, que falarán da obesidade en pequenos animais.
Nas seguintes conferencias, que se irán impartindo ata o vindeiro mes de abril, profesionais de empresas como ‘Affinity Petcare’, ‘Hill’s’ ou ‘Pfizer Salud Animal’, abordarán temáticas, como os tratamentos da artrosis canina, o estrés nas mascotas, e mesmo cómo debe afrontar a primeira entrevista de traballo un veterinario.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.11.2009.