Ir o contido principal

Contra a violencia e o terrorismo

‘Pola educación e contra o fanatismo’, lema da concentración en Formación do Profesorado
‘Pola educación e contra o fanatismo’, lema da concentración en Formación do Profesorado

A Universidade de Santiago de Compostela convocou este luns concentracións diante dos seus centros en Santiago e Lugo en condena do terrorismo e en solidariedade coas vítimas e as súas familias.

No minuto de silencio no Colexio de San Xerome estivo presente o reitor Juan Viaño e parte do equipo reitoral, a quen lles acompañaron o alcalde da cidade, Martiño Noriega, e membros da corporación municipal. Nas Facultades e Centros da USC de Santiago e Lugo, grupos numerosos de universitarios expresaron o seu rexeitamento da violencia e do fanatismo.

Na concentración en San Xerome participaron traballadores e traballadoras dese centro (Foto: SERVIMAV-USC)

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.11.2015.