Ir o contido principal

A violinista Anca Smeu inaugura esta noite o ciclo ‘Oculta polifonía’ de Bach

A violinista Anca Smeu inaugura esta noite o ciclo ‘Oculta polifonía’ de Bach
A violinista Anca Smeu inaugura esta noite o ciclo ‘Oculta polifonía’ de Bach

Este luns 23 comeza no Paraninfo un ciclo de seis concertos coas Tres sonatas e Tres partitas para violín só (BWV 1001-1006) e as Seis suites para violonchelo só (BWV 1007-1012) de Johann Sebastian Bach, que interpretarán músicos de orde internacional convidados pola Área de Cultura da USC. Todos, de entrada libre ata completar aforo, serán ás 20:30 horas.

O recital desta noite correrá a cargo da violinista romanesa Anca Smeu, que interpretará a Sonata nº 1 en Sol menor, BWV 1001 e a Partita nº1 en Si menor, BWV 1002. Esta artista remata os seus estudos de violín no Conservatorio de Música Ci­prian Porumbescu de Bucarest (Romanía) en 1989 e desde entón desempeña unha intensa actividade musical como solista e como instrumentista de música de cámara e de orquestra. Traballa na Orques­tra Filharmónica de Brasov e na de Radio Bucarest de Romanía e ocupa o posto de concertino na Orquestra La Neuville de Suiza e na Nova Or­questra de Sofía (Bulgaria).

En 1995, como membro do cuarteto de cordas Gaudeamus gaña o premio especial do Concurso de Cuartetos de Cordas Mozart (Salzburgo, Austria) e o primeiro no Concurso de Cuartetos de Corda de Caltanissetta (Italia). Tamén como integrante do cuarteto Gaudeamus foi ‘Cuarteto en residencia’ na Britten-Pears School for Advanced Musical Studies (Aldeburgh, Inglaterra) durante tres anos seguidos, desde o ano 1996 ata o 1998.

Desde o ano 1998 ata a actualidade é violinista na Orquestra Real Filharmo­nía de Galicia e profesora de violín e música de cámara na Escola de Altos Es­tudos Musicais de Santiago de Compostela, compaxinando coa mesma paixón o seu labor pedagóxico coa súa actividade concertista.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.04.2018.