Ir o contido principal

Virgil Percec fala no CIQUS de sistemas moleculares complexos e métodos sintéticos

O profesor de Química na Universidade estadounidense de Pennsylvania onde ocupa a Cátedra P. Roy Vagelos, Virgil Percec, intervén este venres 28 na USC cunha conferencia sobre sistemas moleculares complexos e métodos sintéticos. Será ás 12.15 na aula de seminarios do CIQUS.

As investigacións do profesor Percec desenvólvense nas interfases entre varias disciplinas da química, os cristais líquidos, a nanociencia e a Bioloxía, con máis de 800 artigos científicos (o seu índice H é de 82), 50 patentes, 12 libros e 1.000 conferencias no seu haber. Posúe varios doutoramentos honoris causa e é editor do Journal of Polymer Science: Part A: Polymer Chemistry e da serie de libros <<Liquid Crystals>>.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.06.2013.