Ir o contido principal

Visita da Comisión Asesora Externa do IPsiUS

Reunión do equipo directivo do IPsiUS con membros da Comisión Asesora
Reunión do equipo directivo do IPsiUS con membros da Comisión Asesora
A pasada semana a Comisión Asesora Externa visitou o IPsiUS para coñecer de primeira man o traballo desenvolvido ao longo de 2025.

Membros da Comisión Asesora reuníronse coa dirección do IPsiUS e cos responsables das diferentes unidades organizativas para compartir ideas, valoracións e adiantar propostas de mellora, recomendación que se valoran de grande utilidade para seguir avanzando e fortalecendo o labor investigador e formativo do Instituto.

De xeito presencial ou telemático participaron nas sesións de traballo os seguintes membros da Comisión Asesora Externa:

  • María Teresa Bajo, catedrática del departamento de Psicología Experimental, Universidad de Granada.
  • Leandro S. Almeida, Profesor emérito de la Escola de Psicologia da Universidade do Minho (Braga, Portugal).
  • Esther López Zafra, catedrática del departamento de Psicología de la Universidad de Jaén.
  • Marina Muñoz Rivas, catedrática del departamento de Psicología Biológica y de la Salud de la Universidad Autónoma de Madrid.
  • Luis García-Larrea, Director de Investigación en el Centro de Investigación en Neurociencias de Lyon (Francia).
Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.10.2025.