Visita a Estremadura dunha delegación de alumnado do IV Ciclo Universitario no campus de Lugo

Unha delegación de arredor de 40 persoas matriculadas este curso en estudos de IV Ciclo Universitario no campus de Lugo está a realizar esta semana unha viaxe por Estremadura, onde teñen previsto visitar as localidades de Plasencia e Trujillo, ademais da capitalidade da provincia de Cáceres, Mérida.
A expedición luguesa, que partiu o xoves cara a Estremadura, ten programado tamén completar unha visita guiada ao Parque Nacional de Monfragüe, así como ao seu centro de interpretación. Na viaxe de regreso, prevista para o domingo 28 de maio, tamén terán oportunidade de coñecer a localidade zamorana de Perdigón.