Visita guiada ao Museo Provincial e un novo concerto Lubicán na Semana de Benvida de Lugocultural
A Semana de Benvida de Lugocultural organiza para a tarde deste xoves, día 18, unha visita guiada ao Museo Provincial e un novo concerto do ciclo Lubicán no que BellónMaceiras presentará o seu primeiro disco.
As dúas actividades son de caracter gratuito, pero para a visita cultural os interesados deben apuntarse na Oficina de Cultura do Campus antes das 13:00 horas xa que esta terá lugar ás 17:00 horas. Pola súa banda o concerto no que Daniel Bellón e Diego Maceiras interpretarán temas do seu primeiro disco titulado ‘Unión das Terras’ comezará ás 21:00 horas na Escola Politécnica Superior.