Ir o contido principal

Visita institucional ao Centro singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas

No transcurso da visita, o reitor imporalle ao alcalde a Insignia de Ouro da USC

O reitor en funcións da USC Senén Barro encabeza este mércores 16 unha visita institución ao Centro singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas, coincidindo coa recepción oficial desta nova edificación incluída nas infraestruturas do Campus de Excelencia Internacional, Campus Vida. A visita comezará ás 11:00 horas (Travesía da Choupana, s/n. Ao remate da Avenida de Barcelona, a carón do CHUS) coa presenza, entre outras autoridades, do alcalde do Concello de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo. No mesmo acto, o reitor compostelán imporalle ao alcalde a Insignia de Ouro da USC. Este centro é un dos seis edificios que forman parte da Rede de Centros Singulares de Investigación coa que se está a promover un novo modelo de organización da investigación destinado a mellorar a transferencia e a valorización do coñecemento no ámbito internacional.

O edificio, no que se levarán a cabo programas de investigación en áreas como a endocrinoloxía, neurociencia, oncoloxía, cardioloxía e reumatoloxía, conta cunha capacidade para 250 investigadores. A produtividade e competitividade dos investigadores será valorada externamente co fin de asegurar o cumprimento dos obxectivos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.06.2010.