Ir o contido principal

Visita de socios e participantes no proxecto europeo ‘Susmilk’ ao Campus Terra da USC

Recpeción de participantes na Escola Politécnica Superior
Recpeción de participantes na Escola Politécnica Superior

Máis de medio centenar de socios e participantes na conferencia final do poxecto ‘ Susmilk. Rediseño e solucións para a fabricación sustentable de lácteos’, visitaron este venres en Lugo o Campus Terra da USC, onde, logo de participar nunha recepción institucional no salón de actos da Escola Politécnica Superior, tamén tiveron a ocasión de coñecer as instalacións da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (Aplta) da USC.

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, e o director da Aplta, o tamén profesor da USC Enrique Arbones Maciñeiras, recibiron na EPS a delegación de socios e demais asistentes á conferencia final do ‘Susmilk’, un proxecto europeo do sétimo Programa Marco que conta cun financiamento de máis de dous millóns de euros e no que pariticipa a USC a través da Aplta. Os obxectivos do programa Susmilk, no que xunto coa Aplta da USC participan outros 20 socios de nove países europeos, céntranse no redeseño sustentable da insdustria leiteira, a partir da análise e a optimización de toda a cadea de produción de leite e derivados lácteos no referido ao consumo de auga e enerxía. No marco deste proxecto tamén se estuda a valorización máis eficiente dos compoñentes lácteos de subprodutos como soros, augas brancas e restos orgánicos resultantes dos procesos de limpeza. A presenza dos socios e axentes participantes no proxecto ‘Susmilk’ á sede universitaria luguesa é a da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias encádrase no marco das visitas técnicas a instalacións coas que se complementan as presentacións de pósters científicos e relatorios, e a través das que as persoas participantes poden coñecer diferentes solucións tecnolóxicas e tecnoloxías e desenvolvementos sustentables, ademais de establecer contactos para intercambiar ideas y debater solucións. Visita das instalacións da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC Andrés Barreiro, no centro, con Enrique Arbones e un membro do proxecto 'Susmilk'

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.09.2016.