Ir o contido principal

Vitoria do Club USC no Campionato de Galicia tenis por equipos junior mixto

O equipo do club USC impúxose esta pasada fin de semana ao Club de Tenis de Redes, pola mellor diferenza de xogos, no transcurso dunha das probas do Campionato de Galicia de Tenis por equipos júnior mixto. Os puntos acadados polo conxunto santiagués foron de Martín Santamarina, Clara Villar e en dobres masculino por David Chaves e Carlos Rivas.
Esta competición xógase polo sistema de ida e volta e en cada eliminatoria dispútanse dous partidos femininos, dous masculinos, un dobre feminino e un masculino. Unicamente no caso de empate a sets e a xogos se xogaría un dobre mixto a un supertiebreak de dez puntos.
A próxima cita deste campionato será o día 3 de outubro e enfrontará á USC co Club T. A Pedralba.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.09.2009.