Ir o contido principal

Vitoria do equipo de tenis da USC

O equipo de tenis da USC de 2ª categoría autonómica estreouse este ano nunha competición en Santiago cunha vitoria por 4-3 fronte ao Club de Tenis O Rial de Vilagarcía.
O triunfo logrouse no derradeiro partido de dobres nunha eliminatoria que se decidiu por mínimos detalles. Os puntos locais gañáronos Ángel Espadas, Ian Vázquez e Tincho Dabezies, este último formando parella con Eduardo Reiriz.
Na vindeira xornada o Club USC visitará as canchas do Club Tenis Coruña.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.03.2010.