Ir o contido principal

Vivaldi e Bach este domingo da man da Orquestra do Espazo de Cámara da USC e o Coro Gli Appassionati de Vigo

A Orquestra do Espazo de Cámara da USC dirixida por Mario Diz e o Coro Gli Appassionati de Vigo dirixido por Nuria Lorenzo ofrecerán este domingo 15 un concerto no que interpretarán o Gloria RV 589 de Antonio Vivaldi e o Magnificat BWV 243 de Johann Sebastian Bach. Actuarán como solistas as sopranos Mª Carmen Subrido e Laura Guerrero, a mezzosoprano Nuria Lorenzo, o tenor Juan Abalde e o barítono Alfonso Castro. A actuación será ás 19.30 horas na Igrexa da Universidade. A entrada é libre ata completar o aforo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.03.2015.