O volume 18 da revista 'Semata' preséntase na facultade de Xeografía e Historia
O número 18 da revista Semata da Facultade de Xeografía e Historia da USC presentarase este xoves, día 5, ás 11:00 horas na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia. Este novo volume, titulado ‘Vejez y envejecimiento en Europa occidental’, estivo coordinado por Isidro Dubert, Julio Hernádez Borge e José M. Andrade.
Ademais dos responsables da edición, asistirán á presentación o vicerreitor de Cultura da USC, Elías Torres; o director académico do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Antonio Azaustre; a decana da Facultade de Xeografía e Historia, Mar Llinares; e o director de Semata, Xusto Beramendi.
Semata pretende recoller unha visión interdisciplinar da vida social e histórica a través do estudo de cada un dos problemas humanos, nas súas dimensións individuais e colectivas. O volume 18 presenta unha contribución actual a unha cuestión de investigación consolidada en Europa e organízase en tres grandes bloques que van dende unha análise global ata o estudo particular da realidade galega, todo enfocado desde diferentes puntos de vista como o histórico, xeográfico, sociolóxico e antropolóxico.