Ir o contido principal

Volven as NerdNites a Compostela

Volven as NerdNites a Compostela
Volven as NerdNites a Compostela

A vindeira semana reanúdanse as NerdNites en Compostela, unha orixinal proposta nacida hai anos en Estados Unidos á que se sumou a cidade o pasado ano, por primeira vez en España. Esta primeira sesión do curso terá lugar o mércores 18 ás 22:00 horas na cafetaría QUINART SCQ do CGAC (Rúa Ramón del Valle Inclán, 2) da man do profesor de Física da USC Salvador Bará Viñas e da profesora de Medicina Sofía Santos Pérez. O primeiro intervirá coa charla ‘Splash! Unha viaxe ás orixes da lúa’ e a segunda con ‘Apuntes sobre arte e medicina’. Ao remate, as persoas asistentes poderán participar nunha sesión de observación nocturna do ceo nas terrazas do centro de arte contemporánea. Nerd Nerd é o acrónimo en inglés de Non-Emotionally-Responding Dude (persoa de pouca resposta emocional), individuos que fusionan as súas paixóns coa súa vida dando lugar a unhas personalidades peculiares. Nas Nerd Nites charlan co público das disciplinas que lles apaixonan nun ton distendido e fóra do ámbito académico.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.09.2013.