Ir o contido principal

Volven os novos intérpretes ao Paraninfo universitario

Volven os novos intérpretes ao Paraninfo universitario
Volven os novos intérpretes ao Paraninfo universitario

O XVIII Ciclo de Novos Intérpretes que organizan conxuntamente cada ano a Asociación Galega da Lírica e a Universidade de Santiago dará comezo este martes 26. O programa, o dedicado a novos intérpretes máis antigo en activo, contempla nove concertos ata o 8 de marzo no que participarán 40 novos valores da música en Galicia. Todos os recitais serán no Paraninfo da Universidade ás 20.00 horas, con entrada libre e gratuíta.

O ciclo abrirase este martes cun concerto do trío de frauta, violoncello e piano formado por Juan Cossío, Inés Portela e Iago Hermo; o pianista ucraniado residente en Compostela Vitalii Baryliak; e o cuarteto Sunrise de corda composto por Lucía Camiños, Sara García, Elena Fernández e Lucía Vicente, todas elas alumnas do Conservatorio Superior de Música da Coruña.

O seguinte recital será o 1 de febreiro coas pianistas Margarita Sarralde e Alfonso González e a frautista María Tejeiro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.01.2016.