Xa está aberto o prazo para unha nova convocatoria do Acelerador de Transferencia

O prazo para presentar solicitudes a unha nova edición do Acelerador de Transferencia da USC permanecerá aberto ata o 21 de xullo. Este programa promovido pola Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) busca facilitar a transferencia ao mercado de resultados de investigación xerados polos propios grupos da institución académica compostelá. Con este obxectivo, o Acelerador axuda a avanzar no proceso de maduración de resultados de investigación facilitando a súa transferencia ao entorno social e económico seguindo a práctica doutros referentes nacionais e internacionais.
Terán máis posibilidade de ser elixibles polo Acelerador de Transferencia, aqueles proxectos que identifiquen claramente a fenda existente entre un resultados investigador e o seu mercado potencial; os que garantan un cambio de estado co desenvolvemento do proxecto; e aqueles que teñan o compromiso dunha empresa para que, no caso de alcanzar resultados satisfactorios , continúe co proceso de desenvolvemento do produto e/ou comercialización.
Os proxectos elixidos contarán dende o primeiro momento co asesoramento de persoal técnico da AVTE, ademais de ter acceso a financiamento (entre 10.000 e 40.000 euros). Esta é unha convocatoria aberta a grupos de Investigación de todas as áreas de coñecemento que teñan identificado algún resultado de investigación con potencial de transferencia.