Xa está aberto o prazo para inscribirse no exame oficial de avaliación da lingua xaponesa, NOKEN
A USC é un dos tres centros examinadores españois que realizan o exame oficinal da lingua xaponesa NOKEN ((Nihongo nōryoku shiken) proba empregada para valorar o coñecemento do idioma xaponés de carácter análogo ao DELE para a lingua española, ao CILS para o italiano ou ao Goethe-Institut para a lingua alemá. Na actualidade, xa está aberto o prazo para formalizar a matrícula que dará dereito á realización da proba. A inscrición pode realizarse en liña ata o próximo 1 de outubro. En Galicia segue aumentando o número de persoas interesadas en coñecer a lingua xaponesa e cunha crecente presenza nas probas do exame NOKEN. Este certificado oficial ten validez internacional e está recoñecido en todo o mundo como a proba oficial de ter alcanzado un determinado nivel de coñecemento do idioma. Ademais, o exame outorga ás persoas que o superan un importante valor curricular á hora de formarse en calquera Universidade xaponesa, solicitar algunha bolsa ao goberno xaponés ou mesmo buscar traballo en empresas radicadas en Xapón. On NOKEN está tutelado e organizado pola Japan Foundation e a Japan Educational Exchanges and Services (JEES), organismos oficiais dependentes do goberno xaponés con competencias culturais. O exame oficial realízase unha vez ao año en España e celébrase o primeiro domingo de decembro de cada ano. A USC é o terceiro examinador en España dende o ano 2012.