Xa está aberto o prazo de inscrición para as probas de nivel do curso de español como lingua estranxeira
O Centro de Linguas Modernas (CLM) abriu este luns 10 o prazo de inscrición para as probas de nivel do curso de español como lingua estranxeira. A proba realizarase o próximo xoves 13 e, unha vez realizada, o prazo de matrícula estenderase dende o 14 ao 24 de febreiro. Este é un curso destinado a alumnado de intercambio, membros da comunidade universitaria e a calquera persoa maior de 16 anos interesada. Consta de 100 horas, o 40 por cento correspondentes a sesións presenciais e as 60 horas restantes a traballo autónomo, que poderán ser recoñecidas como un mínimo de 4 créditos ECTS por parte da Universidade de orixe ou con 2,5 créditos de libre configuración por parte da USC. Neste segundo semestre, as clases desenvolveranse de luns a xoves en sesións de hora e media, entre o 18 de febreiro ao 10 de xuño. O CLM é centro examinador oficial dos Diplomas de Español como Lingua Estranxeira (DELE) dende 1992.