Xa se pode formalizar a inscrición nas probas de clasificación para os cursos de idiomas do segundo semestre
Os próximos días 27 e 28 celebraranse tanto no campus compostelán como no de Lugo as probas de clasificación para os cursos de linguas estranxeiras, galego e catalán que oferta o Centro de Linguas Modernas no segundo semestre. A inscrición nestas probas realizarase a través da secretaria virtual.
Os cursos de linguas estranxeiras teñen unha carga lectiva de 40 horas presenciais e outras dez de traballo autónomo tutelado. O alumnado poderá validar a súa participación nestes cursos por dous créditos ECTS, cando cumpra os requisitos da normativa da USC. A matrícula nos cursos poderá formalizarse a partir do próximo sábado 23.