Ir o contido principal

Xa se pode formalizar a inscrición nas últimas prazas de Veran CampUSC

Actividades deportivas e e ocio mestúranse na programación deseñada para nenos e nenas de 3 a 13 anos
Actividades deportivas e e ocio mestúranse na programación deseñada para nenos e nenas de 3 a 13 anos
Con máis de 130 prazas xa cubertas, este programa supera as cifras de inscrición de edicións pasadas

Finalizado o primeiro período de inscrición, o programa Verán CampUSC superou o número de total de nenos e nenas inscritas de edicións pasadas con máis de 130 prazas cubertas. Do total de preinscricións formalizadas o 85% das solicitudes xestionadas confirmaron a súa praza. A partir de agora, as prazas sen asignar cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Existen postos libres nas cinco quendas que oferta a Fundación USC Deportiva nesta actividade deportiva de verán dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 13 anos: do 22 ao 30 de xuño; en xullo do 1 ao 10, do 13 ao 24 e do 27 ao 31; e en setembro entre os días 1 e 8 de setembro. Actividades deportivas e de ocio e tempo libre planificadas atendendo a criterios psicopedagóxicos definen o abano de propostas do Verán CampUSC. Rapaces e rapazas realizarán actividades de piscina, deportes de raqueta e de combate, psicomotricidade, deportes colectivos, orientación, acrosport, xogos predeportivos ou populares, entre outros. Dentro das propostas asociadas ao ocio e tempo libre inclúense obradoiros con distintas técnicas e materiais como modelaxe, pintura, recortables ou papiroflexia, así como cancións, xogos cooperativos, visitas a lugares significativos da cidade ou do seu contorno, entre outras propostas. As persoas interesadas poden ampliar información sobre esta convocatoria na web da Fundación USC Deportiva. Existe a posibilidade de atopar prazas nun total de cinco quendas distintas

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.05.2015.