Xa en marcha a cuarta edición do Verán CampUSC

Un ano máis, a Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da USC encomendou á Fundación USC Deportiva a organización do Verán CampUSC, un campamento urbano deportivo dirixido a nenos e nenas que posibilitará a conciliación entre a vida laboral e familiar dos membros da comunidade universitaria e da sociedade en xeral. O Verán CampUSC 2012 servirá como espazo de iniciación a unha gran cantidade de xogos e deportes, atendendo ás idades e desenvolvemento psíquico-físico dos nenos e nenas. O programa divídese en cinco quendas entre o 25 de xuño e o 7 de setembro (agás no mes de agosto) en horario de mañá.
En breve serán publicadas na web da Fundación USC Deportiva as bases da iniciativa, que conta coa colaboración da Oficina de Igualdade de Xénero da USC.