Ir o contido principal

Xa están en Portugal os participantes no Matcampus 2010

O grupo e os tutores en Braga
O grupo e os tutores en Braga

As rapazas e rapaces de Galicia e Portugal que participan no Matcampus 2010 comenzaron este domingo o campamento matemático aloxándose no Quartel do Regimento de Cavalaria nº 6, en Braga. A sede das actividades matemáticas será o Departamento de Matemática e Aplicações da Universidade do Minho, situado no Campus de Gualtar. Alí asistirán a charlas, obradoiros, visitas científicas, música, papiroflexia, teatro..., todo un mundo de actividades dirixidas a estimular as actitudes positivas e as habilidades especiais dos participantes cara ás Matemáticas. En Santiago O grupo regresará o 25 de xullo a Santiago de Compostela para asistir aquí a unha semana de actividades. As sesións da mañá dedicaranse a conferencias, obradoiros e actividades científico-pedagóxicas na Facultade de Matemáticas e no CIEF da Fundación Caixa Galicia. Como exemplo destacado, participarán o director do Instituto de Medicina Legal da USC, Ángel Carracedo, cunha charla sobre matemáticas e xenética, e o reitor da Coruña, José María Barja, cun obradoiro sobre calendarios. Polas tardes visitarán lugares de interese científico como o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), o Observatorio Astronómico Ramón María Aller, a empresa Castrosua, os museos científicos de A Coruña e un paseo matemático pola cidade de Santiago. O campamento rematará a tarde do venres 30 de xullo coa representación, aberta ao público xeral, da obra Innumeros, Números dos actores Cesar Goldi y Vicente de Souza MatCampus 2010 O MatCampus 2010 diríxese a estudantes de 1º de Bacharelato -entre 16 e 17 anos- de todos os centros de ensino medio de Galicia e Portugal. O alumnado galego, 11 rapazas e 10 rapaces, escolleuse polas súas aptitudes para as matemáticas entre as múltiples solicitudes remitidas, pertencendo ás localidades de A Coruña, Silleda, Redondela, Padrón, Feáns, Vigo, Monforte, Lugo, Santiago, Chantada e O Grove.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.07.2010.