Ir o contido principal

O xardín do Colexio de Fonseca abre as súas portas ao público

O xardín do Colexio de Fonseca abre as súas portas ao público
O xardín do Colexio de Fonseca abre as súas portas ao público
A USC e o Concello asinaron un acordo para regular o acceso público a este espazo

O reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long, e o alcalde da cidade, Ángel Currás, asinaron este martes 16 o convenio que regula o acceso público de persoas ao xardín do Colexio de Fonseca que se atopa entre a Biblioteca Xeral, a travesía de Fonseca e a praza Rodrigo de Padrón, onde está localizada a porta de entrada. A apertura e peche do portal de acceso ao xardín será de 9.00 a 18.30 horas en horario de inverno e de 9.00 a 22.00 horas en horario de verán. O concello asumirá a xestión da apertura e o peche da entrada nos horarios sinalados así como a colocación de mobiliario acorde co uso ao que se vai destinar este espazo e coa súa condición de ben de interese cultural. En concreto, o concello xa instalou catro bancos. O acordo asinado protocolariamente no Colexio de San Xerome terá unha vixencia de cinco anos. Logo da sinatura o reitor e o alcalde visitaron o xardín de Fonseca, acompañados dos vicerreitores de Estudantes, Cultura e Formación e Continua e de Economía e Infraestruturas, Francisco Durán e Sara Cantorna, respectivamente e da concelleira delegada da Área de Desenvolvemento Urbano e Sostible, María Pardo Valdés.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.07.2013.