Ir o contido principal

Xénero, clima e arqueoloxía, as propostas da Nerdnite deste mércores

Xénero, clima e arqueoloxía, as propostas da Nerdnite deste mércores
Xénero, clima e arqueoloxía, as propostas da Nerdnite deste mércores

A cuarta sesión das Nerdnites deste curso terá lugar este mércores 16 ás 21.30 horas no Centro Galego de Arte Contemporáneo.

Nesta ocasión, a mestra Alba Alonso Feijoo explicará qué foi o que aconteceu cando Anxo lle pediu a Barbie aos reis magos, mentres que o coordinador de predición de MeteoGalicia Juan José Taboada Hidalgo, achegará algunhas claves para entender a estraña climatoloxía que estamos a vivir nesta tempada. Por último, o investigador do Incipit César Parcero Oubiña intervirá con ‘Sinais do pasado. Enigmáticas marcas arqueolóxicas na paisaxe... ou non tanto’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.12.2015.