Ir o contido principal

Xeografía e Historia elixiu a Marco V. García Quintela como novo decano

De esquerda a dereita Marco V. Quintela e Francisco Durán, esta mañá en Xeografía e Historia. Foto: Santi Alvite
De esquerda a dereita Marco V. Quintela e Francisco Durán, esta mañá en Xeografía e Historia. Foto: Santi Alvite
Formula como obxectivo do seu mandato a reforma dos graos do centro, a renovación do cadro de persoal e o fomento da investigación como elemento clave da imaxe de marca do centro
Santiago de Compostela

O profesor Marco V. García Quintela acaba de ser elixido novo decano da Facultade de Xeografía e Historia, substituíndo no cargo a Francisco Durán. Na Xunta de centro celebrada este venres, a candidatura de García Quintela colectou 30 votos a favor e 18 en branco. A sesión estivo precedida por un minuto de silencio a proposta do candidato en memoria do profesor de secundaria francés Samuel Paty.

Marco V. García Quintela, catedrático de Historia Antiga, subliñou a súa intención de “transformar a adversidade en oportunidade e redefinir o contrato social” da Facultade a partir de tres piares básicos, “a reforma dos graos impartidos nela, a renovación do cadro de persoal esixida pola pirámide de idade conformada polo seu profesorado, e o fomento da investigación entendéndoa como elemento clave da súa imaxe de marca”. Completan o novo equipo decanal como vicedecanos Antonio Míguez Macho, para Asuntos Académicos; María José Piñeira Mantiñán, de Asuntos Económicos; e Carmen López Calderón, como secretaria.

Marco V. Quintela é catedrático de Historia Antiga. Foto: Santi Alvite
Marco V. Quintela é catedrático de Historia Antiga. Foto: Santi Alvite
Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.11.2020.