A xeopolítica ibérica na gobernanza global, a análise nun curso da Fundación CEER

A Fundación CEER e o Instituto Español de Estudos Estratéxicos organizan o curso ‘A xeopolítica ibérica na gobernanza global: España e Portugal no mundo’ que se desenvolverá os días 28 e 29 de novembro na Vicerreitoría do Campus de Pontevedra. A asistencia é gratuíta previa santiagotec [at] fceer.org (inscrición).
No curso participarán especialistas de toda a Península Ibérica, que analizarán o papel de España e Portugal na xeopolítica mundial dende diversas perspectivas á vez que estudarán cuestión como o futuro de Europa, a gobernanza do cambio climático, a relación dos dous países coa OTAN, o turismo, os movementos migratorios ou os retos da seguridade nacional.