Ir o contido principal

A xeración de riqueza e os conflitos asociados a montes veciñais en man común, a debate na Escola Politécnica Superior

A enxeñeira de Montes e socia de Tenzas Noemí García Saavedra, ofrece un relatorio este martes, ás 17.00 horas, na sala de xuntas do centro universitario lugués

A xeración de riqueza e tamén os conflitos derivados dos montes veciñais en man común centrarán este martes a temática do relatorio que ofrecerá Noemí García Saavedra, enxeñeira de Montes e socia do grupo Tenzas, este martes, a partir das 17.00 horas, na sala de xuntas da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo.

O relatorio, de entrada libre e de balde para todas as persoas interesadas pola temática, encádrase no marco da novena edición das xornadas Mundo rural a debate, un ciclo promovido polo grupo de innovación docente Ruralia da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.10.2016.