Ir o contido principal

A xestión de conflitos, en perspectiva práctica

A través dunha metodoloxía práctica e participativa o curso ‘Xestión de conflitos’ tentará aprender aos seus matriculados a converter as situacións de conflito en novas alternativas máis alá das inercias do pensamento. O curso, incluído na programación de Uniemprende, diríxese a emprendedores, xente de empresa, membros da comunidade universitaria e público en xeral interesado na materia.
Ao longo de oito horas lectivas, o psicólogo José Sobrino compatibilizará a aprendizaxe teórica coa realización de exercicios prácticos e simulacións para adestrar as habilidades comunicativas dos alumnos e dirixilas á solución dos conflitos de xeito que se reforcen positivamente a relacións cos demais e cun mesmo.
O curso realizarase o día 29 de outubro en horario de 9:30 a 14:30 horas e de 16:00 a 19:00 horas cun programa que abrangue tres bloques temáticos nos que se avaliará cuestións relacionadas cos ‘Problemas, conflitos, dilemas, contradicións: Unha maneira de estar na vida!’, ‘A solución dos problemas e os problemas da solución’ e ‘Desenvolvemento de habilidades para a solución de conflitos.
O prazo de matrícula permanecerá aberto ata o 23 de outubro, con carácter gratuíto para as empresas e proxectos empresariais vinculados a Uninova, Unirisco e Empresa Concepto e cun prezo reducido para a comunidade universitaria de 150 euros, elevándose ata 175 euros para o público en xeral. As persoas interesadas en acadar máis información poden dirixirse ao enderezo e correo electrónico enu [at] usc.es (enu[at]usc[dot]es) ou ao teléfono 981.563.100 extensión 15577.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.10.2009.