A xestión e a planificación de espazos naturais protexidos centra este xoves un ciclo de relatorios na Escola Politécnica Superior
A xestión e a planificación de espazos naturais protexidos centrará este xoves, día 18 de setembro, un ciclo de relatorios que se desenvolverá en quenda de mañá, a partir das 10.00 horas, na sala de xuntas da Escola Politécnica Superior de Lugo.
A xefa da Unidade de Conservación do Medio Ambiente do Servizo Provincial de Agricultura, Gandería e Medio Ambiente de Zaragoza, Ana María Cabanillas Saldaña, abrirá a quenda de relatorios cunha intervencións que se desenvolverá baixo o título ‘Xestión e planificación para a conservación de espazos naturais protexidos en Aragón’. Eduardo Notivo Paíno, do Centro de Investigación de Agroalimentaria de Aragón (CITA) pechará a quenda de intervencións, ás 12.00 horas, cun relatorio que se desenvolverá baixo o título ‘O espazo e o tempo ¿pódense conservar? Unha aproximación desde a xenética forestal’.