A xestión dos riscos psicosociais e o estrés laboral, a debate

A promoción da saúde laboral, a prevención dos riscos psicosociais e o estrés laboral son as cuestións a tratar na xornada que este venres se desenvolve na facultade compostelá de Relacións Laborais. A inauguración estivo presidida polo reitor Juan Viaño a nela participaron tamén a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, a decana do centro anfitrión, Silvia Moscoso, e o director territorial de Mutua Universal, Antolín Sanz.
No encontro preséntanse as actuais ferramentas metodolóxicas para medir os riscos psicosociais ademais de profundar nas consecuencias psicolóxicas da exposición a estes e ao estrés laboral. Para iso cóntase coa presenza de especialistas do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, das Universidades de Oviedo e La Laguna e das empresas Mutua Universal, DHL Express Spain e do Grupo BLC.
Concretamente, hai relatorios sobre as actuacións do ISSGA en materia de riscos psicosociais, o estrés provocado polas novas tecnoloxías, o malestar psicolóxico, o diálogo e a escoita activa como medida preventiva ou as técnicas de ‘mindfulness’ na psicoloxía do traballo
O encontro tivo lugar na facultade compostelá de Relacións Laborais (Foto: Servimav)