Ir o contido principal

Xesús Ron e Patricia Lorenzo, do grupo Chévere, pecha este xoves na Casa do Saber o ciclo ‘Xoves de moda’ do Lubicán 2017

Integrantes do grupo Chévere
Integrantes do grupo Chévere
A sesión, programada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, desenvolverase a partir das 21.00 horas. A entrada é libre e de balde ata completar aforo

A actriz Patricia Lorenzo e o director Xesús Ron, do grupo Chévere, pecharán este xoves, a partir das 21.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, o ciclo ‘Xoves de moda’, unha programación incluída no marco do Lubicán 2017 e financiada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe fondos do Concello e da Deputación de Lugo, así como da USC.

Lorenzo e Ron farán na súa intervención un percorrido pola historia do grupo Chévere, que este ano celebra o 30 aniversario da súa creación, da que son artífices como membros fundadores do colectivo. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.06.2017.