Xogadores do Río Natura Monbus Obradoiro cursan español no Centro de Linguas Modernas da USC

Os xogadores do Rio Natura Monbus Obradoiro Tyler Haws, Alec Brown e Artem Pustovyi acaban de realizan o proba de nivel de idioma español no Centro de Linguas Modernas da USC (CLM), onde perfeccionarán este idioma durante o curso 15-16 en virtude dun acordo entre a organización deportiva e a institución universitaria.
De orixe ucraniana, Artem Pustovyi asegura que “aprender español axudarame moito nos adestramentos, para comunicarme cos adestradores e cos meus compañeiros”, mentres que Alec Brown apunta que “fará su vida diaria máis fácil. Cando chegas aquí non o pensas, pero dáste conta cando vas ao supermercado ou a un restaurante. Os costumes cambian moito dun país a outro e entender o idioma é un gran paso para asimilar ese cambio dunha forma natural”. Tyler Haws, en cambio, enlaza algunhas frases en español. O xogador procedente de Utah, ademais de estudalo en primaria, serveu como misioneiro en Filipinas dentro dun programa da relixión mormona, “falo tagalo con fluidez, que ten influencias latinas dende a chegada dos españois a Filipinas. Espero que isto me faga ir un pouco máis rápido na asimilación das clases”, explica.
Os tres xogadores comezarán proximamente as clases no CLM, fundado en 1975 e que contan con programas de aprendizaxe de ata 21 idiomas. O Centro de Linguas Modernas da USC imparte todos os niveles contemplados no Marco Europeo de Referencia para as Linguas, tanto en cursos intensivos como semi-intensivos e semestrais. Ademais coordina o exame do Diploma de Español como Lingua Estranxeira (DELE) dende 1992 e organiza cursos de literatura e cultura española, así como os cursos de preparación para os exames DELE do Instituto Cervantes.
Os novos alumnos incorporaranse ás clases regulares do curso 2015-2016. Foto: Obradoiro CAB