A Xornada 'Cultiva o teu clima' aborda como prever a contaminación e o cambio climático coa agricultura ecolóxica
O Programa de Sensibilización para a Prevención da Contaminación e do Cambio Climático coa Agricultura Ecolóxica celebra este venres, día 19, a xornada universitaria ‘Cultiva o teu Clima’ na Escola de Formación do Profesorado do Campus de Lugo.
A Universidade de Santiago, a Sociedade Galega de Agroecoloxía (SOGA) e a Sociedad Española de Agricultura Ecológica (SEAE) organizan estas xornadas nas que colabora a Consellaría de Medio ambiente e Desenvolvemento Rural, a Consellaría do Medio Rural.
A xornada comezará ás 16:15 horas coa inauguración oficial que terá lugar no Salón de Actos do Centro e que correrá a cargo do Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero Latorre. A continuación intervirá o director xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellaría de Medio Ambiente da Xunta, Emilio Fernández, quen falará sobre o cambio climático e o papel dos ecosistemas agroforestais seguido por José Luis Porcuna da SEAE que explicará opapel da agricultura ecolóxica na mitigación do cambio climático. Os relatorios continuan ás 18:15 horas cando será a quenda do vicerreitor adxunto de Investigación e Proxección Exterior, Agustín Merino, quen analizará ’O papel dos bosques no cambio climático’ e a continuación o profesor da Escola Politécnica Superior e membro de SOGA, Xan Neira, disertará sobre a relación entre os recursos hídricos e o cambio climático. Para rematar a xornada o delegado do Servizo de Control da Calidade Agroalimentaria da Consellaría de Medio Rural, Marcelino Castro, explicará o Plan de Desenvolvemento da Agricultura Ecolóxica en Galicia.