Ir o contido principal

A xornada de demostración Inside the Lab mostra ao público o traballo do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da USC

A xornada de demostración Inside the Lab mostra ao público o traballo do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da USC
A xornada de demostración Inside the Lab mostra ao público o traballo do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da USC

‘Inside the Lab’ é unha xornada de demostración coa que o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da USC (CiTIUS) presentará este venres 8 algunhas das solucións de alta calidade desenvolvidas neste centro co gallo de poñer en valor as súas distintas aplicacións en múltiples ámbitos da actividade industrial. A participación nesta xornada é gratuíta e unicamente require inscrición previa a través da web do evento.

Entre as aplicacións que o/a visitante poderá coñecer de primeira man, atópanse sistemas para o autocoidado e mellora da adherencia á medicación, a monitorización do tráfico mediante visión por computador ou ferramentas para a predición dos gustos do consumidor, así como tecnoloxías para a localización e reconstrución de escenas 3D e a análise do territorio mediante imaxes hiperespectrais. Ao longo da xornada matinal, de 10.00 a 14.00 horas, as persoas que se acheguen poderán acceder libremente a calquera dos 18 puntos informativos repartidos por todo o edificio. Alí, os propios investigadores/as encargaranse de presentar as vantaxes dos seus sistemas, froito da transformación de resultados de investigación en tecnoloxías innovadoras.

Esta xornada de demostración contará ademais coa presenza de dúas das spin-off creadas por investigadores do centro, Situm (tecnoloxías de xeoposicionamento en interiores) e Imagames (orientada aos desenvolvemento de solucións de gamificación en diversas contornas).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.07.2016.