Ir o contido principal

Unha xornada de entrada libre revisa as particularidades da innovación e o emprendemento con base nas ciencias

Unha xornadas en Ciencias Económicas e Empresariais revisará as particularidades da innovación e o emprendemento con base nas ciencias. Desenvolverase a partir das 9.30 horas no Salón de Graos do centro con entrada libre e sen necesidade de inscrición previa. A organización desta actividade é unha iniciativa dos coordinadores do libro homónimo, os profesores Xavier Vence e David Rodeiro, e do grupo de investigación ICEDE e conta co financiamento da Consellaría de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria. O catedrático Xavier Vence presentará a xornada a partir das 9.30 horas cunha intervención sobre ‘Futuro industrial, especialización intelixente e target policies’. Seguiralle a profesora Sara López para analizar as características diferenciais do emprendemento de base tecnolóxica e David Rodeiro aludindo aos atrancos e políticas de apoio ao desenvolvemento de spin-off universitarias. O programa seguirá cunha mesa redonda de expertos na que intervirán o director xeral da Fundación Barrié, Javier López Martínez; o director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela Rey; e conselleiro delegado de Keramat, Miguel Souto. A partir das 12.15 horas reanudarase a xornada coa exposición da profesora María del Carmen Sánchez Carrera en referencia á experiencia do bioclúster Medicon Valley, a quen seguirá o tamén docente da USC Óscar Rodil Marzábal aludindo á biomedicina en Galicia como sector produtivo e como actividade innovadora. O programa concluirá cunha segunda mesa redonda con expertos, na que se darán cita a directora xeral de Calchimia e presidenta de Bioga, Carme Pampín Casal; a consultora de Isis-innovation Ltd, Eva Baltar Salgado; o director da área de Competitividade do Igape, Norberto Penedo Rey; e o director comisario do CIMUS, Carlos Diéguez González.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.02.2015.