Ir o contido principal

Xornada sobre Informática Social e Desenvolvemento Urbano-Rexional

Desenvolverase o martes 11 en Santiago, organizada pola Fundación CEER

A Fundación Centro de Estudios Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal celebrará o vindeiro día 11 de decembro a xornada “Informática Social e Desenvolvemento Urbano-Rexional”, co patrocinio da Xunta de Galicia, mediante a súa Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información. Esta Xornada comezará ás 9,30 horas e desenvolverase na Sala de Xuntas da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. A inscrición é gratuíta e as conferencias e relatorios están dirixidos á comunidade académica de Galicia e do Norte de Portugal e ao público en xeral.

Para este evento contarase coa participación de dez grupos de investigación pertencentes ás seis universidades públicas galegas e do norte de Portugal e Irlanda, técnicos e profesores de recoñecido prestixio internacional. O programa inclúe dúas conferencias e dez exposicións sobre as actividades de investigación que se están levando a cabo na actualidade no campo da Sociedade da Información, as Novas Tecnoloxías e o Desenvolvemento Urbanos Rexional. Estas actividades completaranse cunha mesa de debate e rolda de preguntas.

Programa das xornadas:

9:30 h.- Apertura.

10:00 h. – Conferencia do profesor Patrick O´Flanagan do University College Cork de Irlanda, sobre a “Sociedade da información e investigación no sistema universitario irlandés”.

11:00 h.- Exposicións sobre liñas de investigación e proxectos en curso por parte dos seguintes grupos de investigación:

-Sociedade, Tecnoloxía e Territorio, da Universidade de Santiago de Compostela

-Núcleo de Investigação de Geografia e Planeamento da Universidade de Minho

-Telémativa da Universidade da Coruña

-Globalización, Estado e Políticas da Universidades de Trás-os-Montes e Alto Douro

-Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela

-Sistemas Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela

-Gestão da Informação e Conhecimento em Redes Colaborativas da Universidade de Porto

-Territorio, Terreo, Biodiversidade da Universidade de Santiago de Compostela

-Sistemas de Informação da Universidade de Minho

-Linguaxes e Sistemas Informáticos da Universidade de Vigo

13:30 h.- Exposición de Fernando Sedano, técnico en xestión IDT do Centro de Investigación e Transferencia Tecnolóxica da Universidade de Santiago de Compostela, sobre o VII Programa Marco e as súas posibilidades.

14: 00 h. Clausura.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.12.2007.