Ir o contido principal

Xornada informativa sobre as axudas e programas de emprego e prácticas laborais da Dirección Xeral de Xuventude

O técnico Borja Rubio guiará a sesión, a partir das 17.00 horas, na Aula Universia da Biblioteca Intercentros do campus de Lugo

A Aula Universia da Biblioteca Intercentros do campus de Lugo da USC acollerá este mércores, a partir das 17.00 horas, unha xornada informativa sobre os programas de emprego e prácticas en empresas públicas e privadas de países europeos promovidas ao abeiro do programa Iniciativa Xove, promovido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

A sesión informativa, organizada pola Área de Orientación Laboral da USC no campus de Lugo, é de carácter gratuíto e está orientada á participación de estudantes e egresados/as do campus de Lugo. Ás prazas son limitadas e as persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición de balde a través do enderezo de correo electrónico emprego.lugo [at] usc.es (emprego[dot]lugo[at]usc[dot]es). O técnico da Dirección Xeral de Xuventude Borja Rubio será o encargada de guiar esta sesión, durante a que dará conta das diferentes liñas de axuda abertas pola Xunta de Galicia ao abeiro do programa Iniciativa Xove para que mozos e mozas poidan desenvolver ideas e proxectos, ao tempo que falará do programa Galeuropa, de prácticas en empresas e institucións de países europeos, ademais doutras accións de garantía xuvenil encamiñadas a favorecer a inserción laboral e a empregabilidade de mozos e mozas de entre 16 e 29 anos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.03.2016.