Ir o contido principal

Xornada informativa sobre a convocatoria Iniciativa Xove 2015 e o programa de mobilidade xuvenil Galeuropa na EPS

A Escola Politécnica Superior do campus de Lugo da USC acubillará o vindeiro martes 21 de abril unha xornada informativa e de divulgación sobre a convocatoria Iniciativa Xove 2015 e o programa de mobilidade internacional xuvenil de prácticas Galeuropa.

A sesión estará guiada polo dinamizador xuvenil Borja Rubio, quen informará ao público asistente das características, así como das novidades que presentan cada unha destas convocatorias orientadas a mellorar as expectativas de emprego da mocidade e nomeadamente, de estudantes e titulados universitarios do SUG.

A participación nesta xornada informativa e libre e de balde para todas as persoas interesadas na temática, que poden formalizar a súa inscrición a través do enderezo de correo electrónico emprego.lugo [at] usc.es (emprego[dot]lugo[at]usc[dot]es).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.04.2015.