Xornada informativa sobre a oferta de másteres da USC para o curso 2014-2015 na Biblioteca Concepción Arenal
A Universidade de Santiago de Compostela celebrará este xoves, día 20 de marzo, unha xornada informativa sobre a oferta de másteres da institución académica compostelá para o curso 2014-2015.
Esta sesión, que se celebrará en quenda de mañá e tarde, de 10.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 19.00 horas, está aberta á participación de estudantes e de calquera persoa interesada en completar estudos de posgrao na USC o vindeiro curso académico. Daquela, persoal de información da USC, así como responsables dos másteres ofertados pola USC para o vindeiro curso, aproveitarán esta xornada informativo para atender e, a ser posible, dar resposta a todas as consultas formuladas polas persoas asistentes. A USC achegará o vindeiro martes, día 25 de marzo, ao campus de Lugo a súa programación de másteres ofertados para o vindeiro curso no transcurso dunha xornada informativa que se desenvolverá na Facultade de Veterinaria. A oferta académica de posgrao da USC para o vindeiro curso académico 2014-2015 contempla 48 másteres nos campus de Compostela e outros 11 en Lugo. A programación de posgrao da institución académica compostelá captou no presente exercicio o interese de máis de 2.000 estudantes.