Xornada de orientación laboral e busca e emprego na Aula Universia da Biblioteca Intercentros
A Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC, a través da área de Orientación e Inserción Laboral do campus de Lugo, organizará este mércores 25 de novembro, ás 11.00 horas, unha xornada de orientación laboral e busca de emprego na Aula Universia da Biblioteca Intercentros do campus de Lugo.
A técnico da orientación laboral Gloria Cruz Amil será a encargada de guiar esta sesión, orientada a estudantes e titulados do campus de Lugo, e durante a que se abordarán cuestións relacionadas coa situación do mercado de traballo, desenvolvemento da carreira profesional, marketing persoal, currículo, emprego na web, programas de prácticas... As persoas interesadas en participar nesta xornada poden inscribirse de xeito gratuíto a través do enderezo de correo electrónico emprego.lugo [at] usc.es (emprego[dot]lugo[at]usc[dot]es). Ademais de nome e apelidos e a titulación en curso ou xa rematada, os candidatos/as deben indicar, se é o caso, a data de remate dos seus estudos, a data de nacemento e o D.N.I.