Ir o contido principal

Xornada de presentación do programa ‘Galicia Open Future’ na USC

A terceira edición do programa de emprendemento ‘Galicia Open Future’ ofrecerá a 50 start-ups galegas a posibilidade de desenvolver proxectos empresariais innovadores durante seis meses. Neste período de incubación, as propostas seleccionadas recibirán formación e asesoramento especializado así como unha axuda económica de 2.000 euros a través do programa de incentivos da Xunta de Galicia. Ademais as tres mellores start-ups recibirán unha achega de ata 25.000 euros da Axencia Galega de Innovación.

Co obxecto de coñecer os principais detalles desta convocatoria, está prevista unha sesión de presentación este mércores 13 no Salón de Actos do Centro singular de Investigación en Tecnoloxía da Información da USC a partir das 12.00 horas. A inscrición no programa deberá formalizarse cumprimentando o formulario habilitado na web e ten como data límite o vindeiro 15 de abril.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.04.2016.