Xornada de presentación do software libre R como alternativa ao estatístico de uso privativo

Seguindo o I Encontro de Usuarios de R en Galicia, a Escola de Doutoramento Internacional (EDI) e a Oficina de Software Libre da USC organizan unha sesión divulgativa do software libre estatístico R como alternativa ao de uso privativo. Durante a sesión, os asistentes poderán familiarizarse coas posibilidades deste software e as múltiples funcións e capacidades dentro da investigación multidisciplinar.
Esta sesión divulgativa, de entrada libre, terá lugar o dia 14 de outubro de 10.00 a 12.00 na Aula Magna de Matemáticas. As persoas asistentes recibirán diploma de asistencia.