Ir o contido principal

Xornada sobre procesos de selección de persoal na Aula Universia da Biblioteca Intercentros

A sesión, de carácter gratuíta e orientada a estudantes e titulados do campus, desenvolverase este mércores a partir das 11.00 horas

A Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC, a través da área de Orientación e Inserción Laboral do campus de Lugo, organizará este mércores 3 de decembro, ás 11.00 horas, unha xornada de orientación laboral centrada nos procesos de selección de persoal na Aula Universia da Biblioteca Intercentros do campus de Lugo.

A técnico da orientación laboral Gloria Cruz Amil será a encargada de guiar esta sesión, orientada a estudantes e titulados do campus de Lugo, e durante a que se abordarán cuestións relacionadas co perfil dos universitarios que demandan as empresas, organización e xestión de recursos humanos, procesos de selección e definición de postos de traballo, entrevistas de traballo, dinámicas de grupo, test... As persoas interesadas en participar nesta xornada poden inscribirse de xeito gratuíto a través do enderezo de correo electrónico emprego.lugo [at] usc.es (emprego[dot]lugo[at]usc[dot]es). Ademais de nome e apelidos e a titulación en curso ou xa rematada, os candidatos/as deben indicar, se é o caso, a data de remate dos seus estudos, a data de nacemento e o D.N.I.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.12.2015.