A segunda xornada do simposio sobre xestión da auga céntrase na necesidade de garantir o acceso equitativo aos servizos básicos
A segunda xornada simposio ‘ Agroecoloxía e gobernanza da agua’, organizado pola Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo e que se desenvolveu na Casa do Saber da capital lucense, tivo como lema ‘Acceso equitativo aos servizos básicos’, e comezou cunha sesión de comunicacións por parte dos participantes. Ao remate da presentación de comunicacións deu comezo unha mesa redonda sobre xestión da auga na que participaron o enxeñeiro do Concello de Lugo Miguel Negral, co relatorio ‘O ciclo da auga: xestión directa vs. xestión indirecta’; o profesor da Universitat de València e director da Fundación Nueva Cultura del Auga, Francesc La Roca, coa intervención ‘Xestión da auga: debilidades e fortalezas’; e representantes de organismos de conca e asociacións, que achegaron a súa visión sobre a Lei de Augas de Galicia. A parte teórica do simposio complétase na sesión de tarde con dous relatorios: ‘Prácticas medioambientais no uso da auga’, a cargo de Celsa Peiteado, experta en política agraria e desenvolvemento rural de WWF-España, e ‘Exemplos europeos de normas medioambientais complementarias á certificación en agricultura ecolóxica’, a cargo dun dos responsables da delegación comunitaria da Federación Internacional de Movemento de Agricultura Orgánica (IFOAM). Finalmente, os asistentes ao curso desprazaranse á nova Estación de Tratamento da Auga Potable de Lugo para coñecer de primeira man as novas tecnoloxías empregadas no tratamento da auga, como a preoxidación mediante ozono, a remineralización e equilibrado final ou a filtración a través dun leito de carbón activo. Público asistente ao simposio