Ir o contido principal

Xornada sueca na Concepción Arenal coa escritora Marta Dahlgren Thorsell

A escritora Marta Dahlgren Thorsell participa este xoves 8 na segunda xornada sueca que organiza o Centro de Linguas Modernas. Dahlgren reflexionará ás 18.00 horas no Café de Linguas do CLM na Biblioteca Concepción Arenal sobre as dúas culturas, a súa sueca de orixe e a galega (de adopción).

Nesta mesma xornada, na que haberá unha degustación dos típicos doces suecos kanelbullar, o profesor David Álvarez fará unha presentación desta lingua no CLM á vez que se poderá visitar a exposición ‘Sverige A-Ö’.

A actividade enmárcase na celebración do curso intensivo de verán de sueco no CLM e cuxo prazo de matrícula remata o 30 de xuño.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.06.2017.