Ir o contido principal

Unha xornada sobre o uso tradicional das plantas medicinais cita 50 persoas na Estación Científica do Courel

María Moure Oteyza ofrecerá este sábado dous relatorios no marco deste programa de formación e divulgación, que inclúe unha saída ao campo en quenda de tarde

As plantas medicinais e o seu uso tradicional centrarán a temática dunha xornada monográfica que se desenvolverá este sábado, día 23 de maio, na Estación Científica do Courel, onde se darán cita as 50 persoas que formalizaron a súa inscrición para participar nesta sesión formativa y divulgativa, durante a que a licenciada en Farmacia María Moure Oteyza ofrecerá dous relatorios.

O programa desta xornada sobre plantas medicinais, cuxos organizadores tiveron que pechar con antelación o proceso de inscrición ante a elevada demanda de persoas interesadas, segundo dixo o catedrático da USC e director da Estación Científica do Courel, prolongarase en quenda de mañá e tarde, de 10.30 a 19.30 horas. Asemade, as persoas interesadas poderán poñer en práctica os coñecementos adquiridos nos relatorios cunha saída ao campo en quenda de tarde.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.05.2015.