Ir o contido principal

A xornada ‘Violencia de xénero e dereito do traballo’ aborda esta problemática dende os eidos social e laboral

De esquerda a dereita, Marta González, Benita Silva, Luis Míguez e Lourdes Mella. Foto Alfonso
De esquerda a dereita, Marta González, Benita Silva, Luis Míguez e Lourdes Mella. Foto Alfonso

Baixo o lema ‘Violencia de xénero e dereito do traballo’, as profesoras Lourdes Mella e Consuelo Ferreiro dirixen un curso que explora distintos enfoques do tema proposto. A orientación laboral, psicolóxica e social están presentes neste encontro no que interveñen docentes da USC así como das universidades de Vigo, Complutense e Alcalá de Henares, e representantes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e do Xulgado número 3 de Betanzos. A inauguración oficial do encontro celebrouse este xoves 7 no Salón de Graos da Facultade de Dereito, presidida pola vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade da USC, Benita Silva, coa intervención ademais de Lourdes Mella, da secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Marta González; e do decano do centro, Luis Míguez Macho. A relación entre dereito internacional e violencia de xénero, a política autonómica nos casos de agresión, a acreditación da situación de violencia de xénero e a protección das vítimas, a consideración destas circunstancias como enfermidade de traballo ou o acoso moral como manifestación desta violencia, son algúns dos temas que se analizann na xornada do 7 de xullo. Na quenda do venres 8, o conxunto de expertos reunidos comezarán debatendo sobre a ausencia ao traballo das vítimas e violencia de xénero e a súa relación co despedimento para continuar cunha serie de comunicacións nas que se prestará atencións á particularidades sociais nos casos de violencia, planes de igualdade ou protección social das vítimas, entre outroa asuntos. A participación no curso está recoñecida cun crédito de libre configuración para a Licenciatura de Dereito e a Diplomatura de Relacións Laborais.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.07.2011.