Ir o contido principal

Unhas xornadas abordan as relacións e roles de xénero e a situación das mulleres no eido da educación e socialización humana

As sesións celébranse ao longo de tres días na Facultade de Ciencias da Educación no Campus Sur
As sesións celébranse ao longo de tres días na Facultade de Ciencias da Educación no Campus Sur

Ao longo de tres días a USC será punto de referencia para un grupo de especialistas de toda España que abordarán as relacións e roles de xénero e da situación das mulleres dende unha óptica da educación e socialización humana. Será no transcurso das V Xornadas de Formación, Educación, Xénero e Igualdade e das VI Xornadas de Estudos e de Formación en xénero.
A sesión inaugural do encontro celebrouse este xoves 28 no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación do Campus Sur nun acto que presidiu a vicerreitora de Cultura, Elvira Fidalgo e no que tamén estiveron a secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Marta González; das directoras destas xornadas Rita Radl e Ana Porto; e da concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín.
As V Xornadas desenvolveranse baixo o lema ‘Perspectivas diversas en torno á Igualdade das Mulleres e do Xénero en espazos múltiples’ mentres que as VI Xornadas de Estudos e de Formación en Xénero levan por tema de análise ‘A conciliación da vida familiar e profesional: retos e desafíos no século XXI’.
O encontro permitirá analizar o estado actual do debate acerca da igualdade e o protagonismo e participación das mulleres nos múltiples espazos sociais, económicos, culturais e políticos. O seu obxectivo é promover, especialmente na mocidade e particularmente nos homes, un cambo de actitudes cara a posturas especialmente favorables a un modelo de convivencia igualitaria e dunhas relacións interxénero equitativas e democráticas.
Por outra banda, un aspecto básico para facer efectiva a conciliación da vida familiar e laboral é cambiar as actitudes e sensibilizar e educar na igualdade. Neste senso, as percepción estereotipadas sobre o desempeño dos roles asginados a mulleres e varóns afectan á vida das persoas, en todas as facetas da súa vida.
ProgramaLogo do acto inaugural, celebrouse un coloquio sobre ‘Novos xeitos de Exclusión das Mulleres’ ao que lle seguiu un debate arredor dos ‘Retos de futuro das relacións de xénero: cara unha nova vida familiar e laboral de mulleres e varóns’.
Xa pola tarde, ás 16:00 horas, a presidenta de Deutscher Akademikerinnenbund (DAB), Elisabeth Sotelo, pronuncia a conferencia ‘Formación de adultos e principios de igualdade de xénero’. A primeira xornada rematará cun seminario-taller dedicado a estereotipos de xénero e novas tecnoloxías.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.04.2010.